APLICACIÓN MÓBIL

APP1

Está é unha imaxen da aplicación móbil empregada para controlar o robot.

Accédese a aplicación móbil, pulsando na icona que representa a aplicación no teléfono móbil.

APP22Unha vez dentro, o teléfono está desconectado do robot e por iso todos os botóns de ordes deste están deshabilitados.

app4

Co Bluetooth do teléfono activado prémese no botón Conectar, abrirase unha ventá onde permite elixir entre os dispositivos enlazados vía Bluetooth con anterioridade ao teléfono, e nela seleccionamos a dirección MAC do robot.

app3

Se o robot está acendido e dentro do alcance do teléfono e todo funciona correctamente, a aplicación regresará ventá anterior, pero agora as teclas de ordes do robot, estarán activadas.

app5Dende esta pantalla pode ordenarse ao robot avanzar, retroceder, xirar a esquerda e a dereita, pararse ou trocar a súa velocidade aumentándoa ou diminuíndoa coas teclas (+) e (-). A maiores permite activar a ferramenta Antichoque a cal impide o avance cara adiante do robot se este detecta cos seus sensores de infravermellos dianteiros un obstáculo próximo.

A aplicación avisa da presenza dun obstáculo trocando o texto do botón Adiante por Stop con fondo vermello. Este aviso dáse sempre que estea en modo manual, incluso coa Antichoque desactivada.

app6

Tamén permite a activación do modo Automático.

Pulsando en Preferencias accedese a outra ventá onde mostra a distancia percorrida polo robot en metros dende o inicio da conexión e permite reseteala pulsando en Resetear.

app7

A pantalla de preferencias da o acceso ao modo Sigue_Linea sempre e cando o móbil e o robot estean conectados. Se se selecciona este modo e se preme en Volver, regresamos a primeira ventá onde dos botóns de dirección, unicamente quedan activos os de Adiante e Deter xa que neste modo non se ten control sobre a dirección do robot.

app8

Se na ventá de Preferencias púlsase en Configurar Sigue_linea, péchase esta e regrésase a primeira ventá pero con outra configuración que permite por en marcha ou deter o robot e variar a configuración do regulador que utiliza este para seguir a liña.

app9

A aplicación dispón dun sistema de alerta para a baixada do nivel de carga das baterías do robot. Se a carga ofrecida polo robot descende ata un nivel, considerado perigoso, o robot avisa á aplicación e esta alerta ao usuario trocando a cor do fondo da pantalla a laranxa; así o usuario sabe que se quere seguir funcionando co robot en óptimas condicións, é necesario recargar as baterías, se non, este deixará de responder correctamente, chegando a apagarse.

app10

Para desconectar, saír e pechar a aplicación hai que pulsar en Saír, pois saíndo da aplicación coas teclas do teléfono esta non se pecha e a conexión bluetooth segue activada.

A aplicación está aloxada en GitHub e pode descargarse de forma gratuita.

As instruccións de descarga e instalación da mesma encóntranse no arquivo README do enlace anterior.

Dende o seguinte enlace pódese acceder ao manual_usuario da aplicación.

 

 

Deixar un comentario