CONEXIÓN ATMEGA-ARDUINO

Para poder cargar os programas dende o ordenador ao microcontrolador Atmega, é preciso empregar a placa Arduino.

A continuación amósase un esquema de como se pode realizar esta conexión.

Esta conexión alimenta a todo o sistema, incluídos os motores. Isto permite realizar probas que non requiran desprazamento

arduino_atmega

Relación conexionado pins:

Arduino —>Atmega

1-ICSP—> 18
2-ICSP (5V)—> 7/20
3-ICSP—> 19
4-ICSP—> 17
6-ICSP (GND)—> 8/9/10/22
10-DIXITAL—> 1

Para poder cargar programas nun microcontrolador Atmega328P “virxe” mediante esta técnica, primeiro é necesario programar a tarxeta Arduino Leonardo como programador e cargar o cargador de inicio (bootloader) no microcontrolador; para isto é necesario levar a cabo os seguintes pasos:
1- Abrir Ide Arduino
2-Abrir no Ide Arduino, Archivo/Exemplos/ArduinoISP
3- Trocar #define RESET SS por #define RESET 10
4- Elixir en Ferramentas/Programador AVRISP mkll e en Ferramentas/Tarxeta Arduino Leonardo
5- Cargar o programa pulsando en cargar
6- Elixir en Ferramentas/Tarxeta Arduino Duemilanove w/ATmega 328
7- Pulsar en Ferramentas Gravar Cargador de Inicio
Coa tarxeta Leonardo e co microcontrolador preparados, pódese cargar calquera programa que nos interese sen ter que volver a realizar estes pasos.
Para cargar novos programas, seleccionamos en Ferramentas/Programador Arduino as ISP e seleccionamos en Arquivo Cargar usando Programador ou coa combinación de teclas Ctrl+Shift+U.

Deixar un comentario