REPOSITORIO

Creouse o repositorio https://github.com/alexfilgueira/BotyBot onde se pode atopar o programa empregado no robot BotyBot.

Neste repositorio atópase o programa principal do robot ademais de programas empregados durante o desenvolvemento do mesmo. Estes programas presentanse de forma independente porque penso que poden ser útiles para realizar calquera tipo de aplicación.

Entre os programas mencionados atópanse algúns cos cales se poden controlar os sensores descritos neste artigo. Tamén hai programas para controlar motores e servomotores, programas nos que se implantan reguladores PID, ou outros empregados no manexo dun módulo Bluetooth.

O código está aloxado en GitHub que é unha forxa basada en GIT. Este permite realizar control de versións sobre o código empregado.

A páxina permite aloxar código gratuitamente, pero este ten que estar dispoñible publicamente. Se se require espazo para aloxamento privado é necesario realizar un pago.

Deixar un comentario