NOVA COLABORADORA no proxecto.

Damos a benvida a Soraya Rial Álvarez coma nova colaboradora no proxecto!

Soraya será a tradutora/correctora oficial da blogue e prestarame axuda nas tarefas de deseño e organización.

Eu escribirei principalmente a versión galega do proxecto, traducindo pouco a pouco cara a versión española, mentres ela se encargará integramente da versión inglesa e cando teña tempo revisará e colaborará no que eu vaia facendo nas outras linguas. Por isto é posible que a versión galega vaia mais avanzada cas outras, pero intentaremos que todo estea ao día coa maior brevedade posible.

Gustaríame recordar que Soraya realiza esta labor sen ánimo de lucro e coa única motivación de axudarme e colaborar coa expansión deste proxecto e á súa vez coa do Software Libre. Por isto doulle dende xa as grazas e agradezo a INMENSA AXUDA que me presta ao apoiarme nesta labor.

Un pouco sobre Soraya:

Soraya Rial Álvarez é unha Tradutora e Intérprete nas combinacións Inglés-Español, Inglés-Galego, Alemán-Español e Alemán-Galego, ou como ela o escribiría: EN, DE > ES, GL.

Licenciada en Tradución e Interpretación na Universidade de Vigo.

Experiencia Profesional:

  • Tradutora – intérprete autónoma.
  • Tradutora en NARTRAN Translations.
  • Tradutora parcial da novela Legendwar de Javier Ramírez Víera.
  • Tradutora voluntaria na organización La Vía Campesina.
  • Asistente Lingüística da reunión do III Grupo de Traballo do IPCC (Programa Europeo sobre o Cambio Climático) celebrado en Vigo.
  • Intérprete de simultánea e consecutiva no IV Congreso de Entrenadores de Piragüismo en Aguas Tranquilas (Catoira).

Contacto: soraya.rialvarez@gmail.com

Deixar un comentario