A IDEA

A IDEA principal do proxecto é a de deseñar e crear, isto é, construír, un robot móbil con certa capacidade autónoma.

Filtrando esta IDEA, chego á conclusión de que o que pretendo crear é un robot cuxa mobilidade dependa das RODAS.

O robot terá tracción DIFERENCIAL, ou o que é o mesmo, dúas rodas paralelas impulsadas por un motor independente cada unha, o que lles permite xirar no mesmo sentido ou en sentidos contrarios e coa mesma ou distintas velocidades.

A configuración será coma a dun TRICICLO, ou sexa, as dúas rodas motrices máis unha terceira roda que funcionará como punto de apoio situada a mesma distancia de cada roda pero desplazada do seu eixo. Utilizarase unha bóla coma roda loca para facer da terceira roda do triciclo.

Para ter capacidade autónoma precisa coñecer o mundo, o cal se intentará con sensores. Os aquí empregados serán sensores de INFRAVERMELLOS de media-longa distancia, outros de curta e sensores de ULTRASÓNS.

Aumentando a súa capacidade de toma de decisións, implementarase un software nun MICROCONTROLADOR. Poderiamos empregar circuitos analóxicos e portas lóxicas para este fin, pero a capacidade autónoma veríase moi mermada.

A autonomía será prestada por unha BATERÍA económica e con suficiente carga eléctrica para o correcto funcionamento do robot sen desatender a súa capacidade de almacenamento para prolongar o máximo a actividade do mesmo entre cargas.

Dotarase ao robot dun SISTEMA DE COMUNICACIÓN-1, 2, 3 de medio alcance, para poder interconectalo con distintas plataformas coma son un teléfono móbil, un portátil, unha tablet, etc.

NOVA COLABORADORA no proxecto.

Damos a benvida a Soraya Rial Álvarez coma nova colaboradora no proxecto!

Soraya será a tradutora/correctora oficial da blogue e prestarame axuda nas tarefas de deseño e organización.

Eu escribirei principalmente a versión galega do proxecto, traducindo pouco a pouco cara a versión española, mentres ela se encargará integramente da versión inglesa e cando teña tempo revisará e colaborará no que eu vaia facendo nas outras linguas. Por isto é posible que a versión galega vaia mais avanzada cas outras, pero intentaremos que todo estea ao día coa maior brevedade posible.

Gustaríame recordar que Soraya realiza esta labor sen ánimo de lucro e coa única motivación de axudarme e colaborar coa expansión deste proxecto e á súa vez coa do Software Libre. Por isto doulle dende xa as grazas e agradezo a INMENSA AXUDA que me presta ao apoiarme nesta labor.

Un pouco sobre Soraya:

Soraya Rial Álvarez é unha Tradutora e Intérprete nas combinacións Inglés-Español, Inglés-Galego, Alemán-Español e Alemán-Galego, ou como ela o escribiría: EN, DE > ES, GL.

Licenciada en Tradución e Interpretación na Universidade de Vigo.

Experiencia Profesional:

  • Tradutora – intérprete autónoma.
  • Tradutora en NARTRAN Translations.
  • Tradutora parcial da novela Legendwar de Javier Ramírez Víera.
  • Tradutora voluntaria na organización La Vía Campesina.
  • Asistente Lingüística da reunión do III Grupo de Traballo do IPCC (Programa Europeo sobre o Cambio Climático) celebrado en Vigo.
  • Intérprete de simultánea e consecutiva no IV Congreso de Entrenadores de Piragüismo en Aguas Tranquilas (Catoira).

Contacto: soraya.rialvarez@gmail.com