Que me motiva?

A motivación principal para escribir estas letras e as que as rodean é as gañas de compartir, si, así de simple; nas horas, días, semanas que levo buscando información para facer este proxecto aprendín moitas cousas: unhas, por darme de golpes contra a parede, pero outras, a maioría, grazas á xente que compartía. Si, compartían información, sen pedir nada a cambio, e ofrecen os seus coñecementos ao mundo e a quen lle interese. Grazas a xente coma esta, o mundo ten avanzado ata onde está.“Para que RE-inventar a roda”; esta frase define o concepto que intento explicar, se o inventor/a da roda lle tivese posto Copyright ou tivese enterrado os planos no fondo dun caixón, a ver como o defunto Jobs de Apple ou Bill de Windows ían aos seus traballos, e son eles precisamente os que fan isto, e non me refiro a ir traballar como pretende todo fillo de veciño, se non que deixan baixo chave calquera posibilidade de evolución.

Por todo isto, que non é pouco, e por máis, escribo esta blogue, a cal pretendo que sexa un gran de area, moi necesaria neste país cando se fala de calquera tema minimamente especializado.

Ola Mundo!

Que mellor frase para comezar calquera cousa.

Comezo esta blogue comezada unha, dúas e ata tres veces. Levo un tempo querendo expoñer o traballo que estou realizando para o meu Proxecto Final de Carreira, o  meu entretemento, ás veces a miña condea. Voume inscribir no Concurso Universitario De Software Libre, e espero que esta inscripción sexa o empurrón definitivo que preciso para manter este lugar ata polo menos a presentación definitiva en sociedade de Boty.

Imaxe

Ligazón do concurso: https://www.concursosoftwarelibre.org/1314/